red.diariocritico.com
¡Tomá mate, che!

¡Tomá mate, che!

Por Manuel Suárez Suárez
miércoles 03 de enero de 2024, 13:09h

O tango é a música popular e a danza máis representativa das terras riopratenses e forma sólida parte da cultura urbana na Arxentina e no Uruguai. O tango non é folklore xa que posúe autores que son os músicos e letristas. O seu propio nome é motivo de discusión e hai varias teses sobre a posible etimoloxía da voz tango. Roberto Selles di que xunto co tráfico de escravos embarcou tamén un “ritmo polizón” agachado nas mans dos negros. Hai investigadores que sosteñen que o ritmo naceu nas costas de Guinea que era unha zona de forte tráfico escravista. Din que nalgunha das linguas dos escravizados a palabra bailar é tamgu ou tiangu pero no norte de Guinea o bailar é dongo e tomton ou tamtamgo. Para intentar un achegamento a orixe da danza chamado tango hai que visitar a autores como Vicente Rossi, Carlos Vega, Lauro Ayestarán, León Benarós, Ventura R. Lynch, Cédar Viglietti, José S. Tallón, Andrés M. Carretero, Tulio Carella ou Jorge Luis Borges xa que non hai acordo sobre a achega dos africanos na súa xestación.

O recoñecido investigador uruguaio, Daniel Vidart, resume as teses en tres: a) a que vén avaliada por Vicente Rossi que sostén que tango era o nome que lle daban os afriacanos aos seus instrumentos de percusión e por iso, en xeira colonial, había unha total equivalencia entre “os tangos dos negros” e “os bailes dos negros”; b) os que afirman que tango vén da voz tang que nunha das linguas dos africanos significa achegarse ou tocar algo coa man; c) aqueles que atopan unha raíz hispánica que derivaría de tangir (del latín tangere) que en castelán antigo era tañer ou sexa tocar un instrumento.

“Oculto, difuso, disperso, el origen del tango postula el primero de los enigmas. Tango andaluz y habanera, milonga, candombe, entretejen morosamente sus hebras para engendrarlo pero no bastan para explicar el misterio. El tango siempre quiso, obstinadamente, hablar por sí mismo”

[José Wainer/Juan José Iturriberry]

A posible paternidade do tango-danza estaría dividido entre catro proxenitores: a) o camdombe; b) a milonga; c) a habanera; d) o tango andaluz. Pódese afirmar que os primeiros tangos xurden arredor do ano 1880 pero aquelas primeiras melodías non eran o que hoxe se entende por tango xa que non estaban definidos. Nos comezos temos dúas clases de tango; un era o que viña da zarzuela, do tango andaluz e o outro que era herdeiro da milonga, o tango arrabalero. Foi despois de 1855 que o público riopratense comeza a gozar coas representacións de compañías de zarzuela española. Foi en Bos Aires, en 1857, cando Santiago Ramos que era membro dunha compañía tivo a idea de incluír nun espectáculo un tango con letra crioula sobre unha melodía de aires andaluces. A súa creación que titula ¡Tomá mate, che! colle como modelo un cielito do poeta Bartolomé Hidalgo.

Cielito, cielo que sí,

guárdense su chocolate:

aquí somos puros indios

y solo tomamos mate…

Tomá mate, tomá mate,

tomá mate, che, tomá mate,

en el Río de la Plata

no se estila el chocolate…

A canción foi cantada foi cantada polo propio Santiago Ramos o 22 de outubro de 1857 dentro da escenificación da comedia “El gaucho de Buenos Aires” onde actuaba facendo de compadrito. Poida que o tango crioulo nacera este día e da voz dun actor estranxeiro.

A vella danza colectiva de parellas, a contradanza, deixou descendencia tamén en América aínda que a herencia foi máis no eido musical que no coreográfico. Son o tango andaluz e a habanera que desembarcan nos portos riopratenses entre 1850 e 1860. A habanera sobe aos escenarios españois dos teatros de cuplés e zarzuelas no século XIX e sobre este modelo cupletero ten lugar o nacemento dos tangos que anteceden o logo exitoso tango-canción. Estas primixenias creacións están divididas en dúas partes, con achegas de Europa e de América.

O outro tango que compartía escenario co andaluz era a milonga que na orixe foi soamente un canto. A milonga-canción está construída sobre a forma das polcas crioulas de cantar en “2 por 4” que crea un novo estilo con síncopas por mor da axuda rítmica que recibe dos candombes.

La milonga aunó la sentimentalidad africana con la ingeniosidad rioplatense; en ella todo es propio: nombre, ritmo, técnica, ritual y lenguaje.

[Vicente Rossi]

Hai que suliñar a importancia da milonga-danza na xénese do tango como así tamén a influencia da milonga-canción no tango-canción por medio das interpretacións dos payadores. O certo é que o paso do tempo fai cambiar o ritmo da milonga dun proceso que a levou desde a gorxa dos payadores ata os pés dos bailadores. Neste camiño vai recollendo as figuras que deixaban nos arrabaldos outras danzas como a mazurca ou a polca ou o chotis. Arredor de 1880 a milonga-canción comeza a chamarse tango e o nome milonga só permanece para a danza. Na lingua quimbunda milonga significa palabras ou palabería. Entón queda claro que ata un pouco antes do 1900 hai dúas clases de tangos: o andaluz e o milonguero. A primeira corrente dura ata 1910 e a segunda ata 1920 cando o seu ritmo é sustituído polo de “4 por 8” que hoxe todos coñecemos.

Manuel Suárez Suárez

¿Te ha parecido interesante esta noticia?    Si (0)    No(0)

+
0 comentarios
ventana.flyLoaderQueue = ventana.flyLoaderQueue || [] ventana.flyLoaderQueue.push(()=>{ flyLoader.ejecutar([ { // Zona flotante aguas afuera ID de zona: 4536, contenedor: document.getElementById('fly_106846_4536') } ]) })