red.diariocritico.com
¡Al carnaval del Uruguay!

¡Al carnaval del Uruguay!

Por Manuel Suárez Suárez
sábado 13 de febrero de 2021, 19:34h

Hace ahora veinte años que fui el PREGONERO en el carnaval de la hermosa villa marinera de Fisterra. La invitación me hizo recordar la fuerte emoción que sentí, cuarenta años antes, en Montevideo. Mis padres me llevaron, tenía siete años, a ver el desfile inaugural del “Carnaval 1961” que se celebraba en la principal avenida de la capital uruguaya. La avenida se llama “18 de Julio” en homenaje al 18/7/1830 que fue cuando se aprobó la primera Constitución de la naciente República Oriental del Uruguay. El niño emigrante de una aldea de Vimianzo (llegado el 27/11/1958) nunca había visto nada igual. Enseguida se le pasaron las dos horas en la vereda de la esquina de “18” y Río Negro. Los enormes carros (llamados carrozas) abren el desfile. Son, realmente, grandes camiones totalmente recubiertos de imágenes en cartón piedra con diferentes motivos. En ellos van mujeres y hombres disfrazados que saludan a los asistentes. En uno de los carros, siempre presente, está la Reina del Carnaval que recuerdo iba sentada en un altar y saludaba con ambas manos, a la derecha y a la izquierda, durante todo el recorrido. Años después supe que se desfilaba desde la plaza Independencia hasta el Obelisco. Luego venían las agrupaciones (murgas) que participaban del Concurso Oficial que tenía lugar en el Teatro de Verano del Parque Rodó (ahora es Teatro de Verano “Ramón Collazo” en homenaje al gran creador carnavalero que era hijo de un emigrante gallego del municipio de Carballo) y cerrando la marcha, lo que más me sorprendió, los grupos de música y baile de Candombe o Negros Lubolos. Sentí que aquellos tamboriles tenían una fuerza que me hizo temblar de emoción. Aquel ritmo de percusión (que tiempo después supe vino de África con los esclavos) que llamaban “candombe” fue mi compañero durante mi infancia y juventud en un Montevideo solidario que me abrió las puertas de su fogón de hermandad en la orilla rioplatense.

PREGÓN

[Fisterra, 24 de febreiro do 2001]

En febreiro do ano 1961, hai agora corenta anos, un neno emigrante en Montevideo ía camiño de sentir a súa primeira grande emoción en terra americana. Collido da man dos seus pais quedou abraiado diante da ringleira de carros alegóricos, comparsas e do rítmico soar dos tamborís que o sorprendían. Nunca vira tanta xente xunta, uns rindo e outros cantando.

  • Se aquelo era América pois estaba nun lugar máxico, cheo de alegría, cor e música.
  • Se aquelo era América, a verdade é que pouca semellanza tiña coa aldea de Tines.
  • Se aquelo era América, había que agradecer poder estar alí gozando entre tanta diversión.

Hoxe, corenta anos despois, o mesmo neno – eso sí un pouco máis vello—sinte que en FISTERRA hai a mesma alegría porque o pobo mariñeiro fisterrán participa en algo auténtico de antiga tradición e sendo concientes de que o entruido máis occidental de Europa forma parte do seu patrimonio cultural. Un patrimonio que non corre ningún risco pois está na alma popular e cada ano hai máis forza, máis participación e máis confraternidade entre tódolos veciños. Desde os anos vinte sempre houbo aquí en FISTERRA comparsas que puxeran a súa creatividade ao servizo dos cidadáns. As comparsas foron e son unha magnífica canle de expresión para mediante a seriedade do humor poder expresar críticas, opinións, recomendacións e así axudar nunha mellor xestión municipal. Como ben dicía CASTELAO, o humor é cousa seria e desde os tempos da moi recordada comparsa “Los Diablos” así sempre o entenderon as agrupacións fisterráns, que fixeron gala da máis enxebre e filosófica retranca en versos e rimas desfacedoras de entuertos.

Neste ano hai seis comparsas en concurso:

  • CASINO (As vacas tolas)
  • BOA VIDA (As duasmil e unha noites)
  • ROMBOS (Mulán)
  • ANCHOA (Os brasileiros)
  • TOM PULGAR (As personases dos contos de Disney)
  • GALERÍA (Os indios)

As seis comparsas suman 352 persoas. Son 352 fisterráns que teñen a responsabilidade de alumear os seus candís para que a vila mariñeira mellore e sexa realidade a coñecida máxima de Santo Agostiño:

No necesario, unidade;

no discutible, liberdade

en todo, caridade.

Vós, meus prezados fisterráns, sodes ricos e fortes xa que tedes dúas lanternas e por tanto dúas luces: a do faro que alumea os vieiros do mar e a do entruido que alumea nos vosos corazóns.

Vós, sodes fillos da loita e do esforzo, do vento e do mar e podedes abanear, pero nunca crebar porque tedes unhas fortes e milenarias raiceiras que vos xunguen a este fermoso anaco de curruncho atlántico.

Que haxa alegría na ocasión,

con ou sin linqueirón,

que bebades con moderación,

para non estragala diversión

Adiante e longa vida para o entruido de FISTERRA!

[Manuel Suárez Suárez]

¿Te ha parecido interesante esta noticia?    Si (1)    No(0)

+
2 comentarios
ventana.flyLoaderQueue = ventana.flyLoaderQueue || [] ventana.flyLoaderQueue.push(()=>{ flyLoader.ejecutar([ { // Zona flotante aguas afuera ID de zona: 4536, contenedor: document.getElementById('fly_106846_4536') } ]) })