red.diariocritico.com
Un nuevo aniversario de SEMPRE EN GALICIA de Montevideo

Un nuevo aniversario de SEMPRE EN GALICIA de Montevideo

Por Manuel Suárez Suárez
lunes 28 de agosto de 2023, 16:20h

Es curioso que después del año 1990 no se haya celebrado ninguno de los aniversarios del programa de radio en idioma gallego más antiguo del mundo.

Creo que lo sucedido debería de llevarnos a hacer una reflexión. Es en la capital uruguaya, un 3 de setiembre de 1950 y desde Radio Carve cuando tiene lugar la primera emisión de SEMPRE EN GALICIA realizada enteramente en la lengua propia de Galicia. El grupo de galleguistas republicanos montevideanos eran admiradores y seguidores de la doctrina de Alfonso R. Castelao y sus anfitriones en sus visitas a la capital uruguaya. La muerte de Castelao (Buenos Aires, 1950) los entristece profundamente. Quieren rendirle un homenaje que no sea efímero para que permanezca en el tiempo el recuerdo de una muy honrada lucha en la defensa de los intereses nacionales de Galicia. Después de varias reuniones se llega al acuerdo unánime de fundar un espacio radial que usará en exclusiva el idioma gallego. Así es que las mañanas de cada domingo comienzan con los alegres sones de la “Muiñeira de Chantada” (tocada en el piano por Emilio Pita en los estudios de Radio Carve el 3/IX/1950) que dejan paso a la información sobre los problemas de Galicia y de sus emigrantes.

Los siete fundadores eran emigrantes (Canabal, Crestar, Couceiro, Leiras, Meilán, Somoza e Pita) y todos coruñeses a excepción de Meilán y Leiras que eran de Lugo. Tengo que señalar que el poeta y musicólogo Emilio Pita Robelo, residente en Buenos Aires, estaba de forma transitoria en Montevideo por motivos laborales. Si alguien destaca entre los fundadores es Alfredo Somoza Gutiérrez al ser diputado en Madrid por “Izquierda Republicana” y presidente de la Diputación Provincial de A Coruña en 1931. Además tenía relación familiar con Castelao ya que su padre (nacido en Rianxo) era primo de Castelao. La historia de Somoza debería de ser llevada al cine porque nos muestra que fue la solidaridad activa de varias familias coruñesas la que salvó su vida. Estuvo escondido durante 11 años para evitar ser fusilado, como por desgracia, le pasó a su sucesor en la Diputación,

A chegada a Montevideo, desde Francia, foi arranxada polo moi nobre e solidario don Xesús Canabal Fuentes (O Amenal-O Pino).

Eu que estiven diante do micrófono e redactei editoriais durante once anos, sinto que os méritos dos “bos e xenerosos” fundadores non foron recoñecidos como corresponde xa que o seu importante esforzo fixo que a nosa identidade propia latexe no corazón de milleiros de descendentes. Aínda que dous dos fundadores (Canabal e Melián) foron distinguidos coa “Medalla Castelao” non houbo distincións de carácter oficial para o programa xa que só recibiu (e son de agradecer) un par de premios de entidades privadas (Premios da Crítica Galega e Fundación Cultural San Martiño da Estrada).

Pero aínda máis triste é a constatación de que desde 1990 non houbo ningunha celebración do aniversario a pesar de reiteradas xestións pola miña parte como Delegado en Galicia do programa. Fun presentando propostas para actos en Montevideo, a primeiros de setembro, que non tiveron resposta positiva ata que o antes do 70 aniversario, volvín insistir e por escrito para que houbese unha semana cultural galega na capital uruguaia. O certo é que nada conseguín. Poida que sexa un asunto exclusivamente político. Quere dicir que antes na Xunta de Galicia tiñas con quen falar xa que os conselleiros eran membros dun partido político da “dereita civilizada” pero agora aínda que siguen sendo do mesmo partido, son activos militantes ultra que non profesan o credo autonomista.

Quero pedir axuda para que non pase outro aniversario de “Sempre en Galicia” sen celebración. O vindeiro ano é moi apropiado para que sexa un bo limiar ou axeitado adianto da festa maior dos 75 anos na que encheremos a capital uruguaia de cultura galega. Se falo de futuras celebracións no exterior é porque confío en que axiña teremos novas autoridades saídas das urnas. O novo goberno autonómico terá que esforzarse moito para saír da escuridade da desigualdade neoliberal e dignificar a vida política galega mediante un aumento xeral da alegría e da paixón que nos mova para ser capaces de sementar solidariedade en cada rego do fermoso e granítico curruncho atlántico que tanto amou Rosalía de Castro.

Por Manuel Suárez Suárez

Un nuevo aniversario de SEMPRE EN GALICIA de Montevideo
Ampliar
¿Te ha parecido interesante esta noticia?    Si (0)    No(0)

+
0 comentarios
ventana.flyLoaderQueue = ventana.flyLoaderQueue || [] ventana.flyLoaderQueue.push(()=>{ flyLoader.ejecutar([ { // Zona flotante aguas afuera ID de zona: 4536, contenedor: document.getElementById('fly_106846_4536') } ]) })