Mi amigo José Monterroso Devesa lleva unos veinte años sin pasar el invierno en A Coruña, su ciudad de nacimiento, ya que prefiere disfrutar de los soleados veranos en la capital de la República Oriental del Uruguay. En Montevideo, al lado del Parque Rodó y de la playa Ramírez, tiene un apartamento desde el que toma mate (siempre sin azúcar) mirando el Río de la Plata. Las vueltas de la vida llevaron a José, bien agarrado a la mano de María Teresa Devesa Juega, a un alejado lugar del norte uruguayo (Tacuarembó) donde nació una parte de sus abuelos maternos. En el Colegio San Javier cursó sus estudios primarios y secundarios. En Montevideo hizo el bachillerato y comenzó estudios de Derecho que fueron interrumpidos por el regreso a Galicia. Aprobó unas oposiciones al ministerio de Hacienda y trabajó en Madrid, Cáceres, Gijón y A Coruña.
Conocí a José en el Patronato da Cultura Galega, en su primer viaje al Uruguay después de instalarse definitivamente en A Coruña. Fue en el año 1973 y desde aquella mantenemos una muy buena amistad porque mi amigo coruñés es una persona comprometida con la defensa de l acultura gallega y también con la promoción y recuperación de los emigrantes gallegos que dejaron huella en la generosa tierra de Artigas. La labor cultural de Monterroso Devesa tiene mucho mérito y es de justicia que sea premiada y reconocida. Su buen hacer es doblemente importante, ya que mientras luchaba por la memoria histórica en la recuperación democrática del nomenclátor coruñés también investigaba y publicaba sobre familias y apellidos gallegos en el Uruguay.
O labor de Monterroso Devesa é moi meritorio e ten unha dobre importancia pois mentras loitaba pola memoria histórica na recuperación democrática do noménclator coruñés tamén investigaba e publicaba sobre familias e apelidos galegos no Uruguai. Hai que dicir que o seu ingreso en actividades reivindicativas foi unha consecuencia do seu contacto coa xente do Patronato da Cultura Galega (en especial con Fernando Pereira Caamaño que era o secretario) pois en 1975 foi nomeado como delegado para as xestións que diante das autoridades franquistas permitisen a instalación dun busto, doazón do Patronato, a Castelao en Rianxo. Foi nesta iniciativa onde o meu amigo Xosé coñece ao doutor Sixto Seco, a quen se lle debe o maior recoñecemento xa que foi quen conseguiu a autorización para a primeira celebración pública en homenaxe a Castelao.
En 1986 e con motivo do Centenario de Castelao, o Patronato da Cultura Galega convoca o Concurso “Xesús Canabal Fuentes” (Castelao: onte, hoxe e sempre) sendo o traballo premiado é A emigración en Castelao (O tema da emigración no Castelao gráfico) da autoría de Monterroso Devesa. Estiven presente cando o xurado (Filgueira Valverde, Xaquín Lorenzo, Ramón Martínez López e Avelino Pousa Antelo) na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela, abre o sobre pechado que identifica ao autor do traballo premiado. Foi unha sorpresa xa que o meu amigo Xosé non me dixo nada sobre a súa participación no concurso. O libro foi editado no ano 1987 polo Patronato cun limiar de Fernández del Riego.
O meu amigo toca o piano (é titulado en Piano e Solfeo) e tamén escribe poemas (Cara o lonxe, noite adiante; Nau enfeitizada,) e ten impartido infinidade de conferencias (aló no sur e acó no norte) pero nos últimos vinte anos está centrado na investigación, divulgación e publicación de temas relacionados coa Xenealoxía e a Onomatoloxía. O seu rigoroso traballo sobre as raíces galegas de familias uruguaias e os apelidos galaico-portugueses é moi valioso e formativo xa que corrixe erros e inexactitudes e alumea en aspectos pouco claros da historia da emigración galega no Uruguai. Acabo de recibir, por correo electrónico, un texto que me enviou desde Montevideo. O seu título é Los gallegos de Tacuarembó e leva a seguinte dedicatoria: En los 70 años de nuestro arribo a Tacuarembó. Al Dr. Carlos Arezo Posada, amigo desde la infancia, por todo lo que me ha estado dando a lo largo de más de medio siglo. Coñezo ao moi cordial doutor Arezo e tiven o pracer de presentalo na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela nunha charla sobre o berce de Carlos Gardel (Carlos Escayola Oliva) o Tacuaremboense Inmortal que é ben sabido: cada día que pasa canta mellor. O texto vai ser incluído nunha vindeira publicación, coordinada por Arezo, que vai na liña doutras anteriores nas que os colaboradores escribían sobre acontecementos de carácter local pero sempre con algunha achega “gardeliana” para seguir divulgando a verdade histórica sobre o berce de Gardel. Neste texto, de só catro páxinas, fainos saber que o galego Manuel Vásquez de España tiña en 1808 unha estancia no Rincón de Tres Cerros con máis de 3000 vacas e 500 égoas e 60 cabalos. Foi o primeiro galego en asentarse nunhas terras do norte uruguaio que logo serán parte do departamento de Tacuarembó. Era nativo do concello coruñés de Carral. O labor investigador de Monterroso Devesa (consultou en todos os arquivos montevideanos) é moi importante xa que fixo moitas correccións de apelidos, datas, nomes e lugar de orixe de emigrantes galegos que deixaron descendencia no Uruguai.
Quero recomendar a lectura da súa publicación Mil e pico de nomes galegos do Uruguai (Galicia para uruguayos/Uruguai para galegos) pois considero que é de obrigada consulta para quen queira aprender e coñecer sobre a nosa emigración e os seus protagonistas. Son dous tomos (o primeiro do 2009 e o segundo do 2011) con varios apartados: Repertorio de nomes; Relación de apelidos; Relación de municipios, parroquias e provincias; Algunhas familias de orixe galega (1720-1840; Apéndice para lectores uruguaios; Apéndice para lectores galegos; Miscelánea emigrante; O apelido galego de hoxe. O autor expresa que os apéndices “dan a pauta da filosofía que encerra o presente traballo, xa indicada no subtítulo. Poisque vai dirixido, por unha banda, aos galegos de Galiza ---é por qué non, aos galegos do Uruguai---, para que coñezan un pouco máis a tradición glaica do Uruguai. E pola outra, e diríamos que con preferencia, quixemos descobrir ou exhumar esa mesma realidade para os uruguaios que tanta frecuencia a ignoran e, en consecuencia, non a valoran como ella merece”.
No vindeiro mes de setembro a audición radial Sempre en Galicia de Montevideo cumpre 75 anos e coido que Monterroso Devesa merece un recoñecemento pois nestes últimos vinte mantivo unha estreita colaboración co programa de radio, en galego, máis antigo do mundo. Eu sei que o meu prezado Toni de Seárez, o director de Sempre en Galicia, quere moito a Xosé e agradece a súa xenerosa achega. A miña suxestión vai encamiñada a que se teña en conta a todos aqueles que puxeron a súa voz e o seu agarimo para encher de saudosa alegría as mañás dos domingos montevideanos. Supoño que os membros da comisión que nomeu o Patronato da Cultura Galega para a elaboración dun programa de actividades conmemorativas, está analizando e considerando varias opcións de festexo para que o histórico aniversario sexa unha FESTA MAIOR da nosa cultura na capital da República Oriental do Uruguai.
Manuel Suárez Suárez