Carlos Penelas en Compostela
lunes 06 de octubre de 2014, 09:42h
Os
devotos fieles que visitaron a catedral compostelá o xoves 2 de
outubro aseguran que o Noso Señor Santiago virou para apertar e
falar de fronte cun visitante que disque escribe poemas aló en Bos
Aires. Os que andamos polo mundo adiante non estamos nadiña
sorprendidos. É ben coñecido o agarimo do Apóstolo para con todos
aqueles que forman parte do amplo e variado colectivo social de
afastados da súa terra. A continuación e por xentileza do director
da "Radio do Ceo" [Luís Seoane] reproducimos en exclusiva a
gravación enteira da conversa entre Carlos Penelas e Santiago
Apóstolo.
-
Santi: ¡Home! ¡Unha boa alegría! Non
pensaba que puideses xuntar euros para volver dar unha volta pola
terra dos teus pais. Aínda vai resultar que a neta do meu amigo
Pascasio da Fonsagrada faga de ti un convencido neoperonista. En
Roma temos agora un xefe arxentino que é moi boa persoa e que me
pediu un esforzo na realización de milagres. Foi moi amable comigo
pero non me gustou nada a súa mención ao seu equipo de fútbol.
Dixo algo así: "Por favor, Santi, hacéme la gauchada. Te lo pido
como hincha de San Lorenzo. Necesito ratificar el éxito del
pontificado con un par de milagritos tuyos".
-
Carloncho: ¡No
me cargués! Vos sabés que disfruto hablando contigo, más allá de
que me rompa los bolsillos cualquier devaluación del peso
argentino. Contigo se puede hablar. Tenés una historia detrás.
Bueno, sobre Jorgito te puedo decir que es una persona austera. Me
gusta su estilo pero lo veo medio desinformado o en las nubes. Me
refiero a pedirte milagros a vos que estás en plena crisis. Es
lógico que te sientas abatido y defraudado después del afane del
electricista de la catedral. Si no pudiste evitar el afane en tu
propia casa no te veo con fuerzas para hacer dos milagros.
-
Santi: Non
penses que os santos estamos libres das depresións. Poida que
sexamos máis fortes que algúns cidadáns pero tamén sufrimos moito
cando recibimos traizóns aos nosos desinteresados favores.
Contábache o de Xurxiño de San Lorenzo de Almagro porque pensaba
que ti viñas pedirme que fixese campión aos "Vermellos de
Avellaneda". A verdade é que o teu equipo vai ir moi ben no
campionato. Non teño dúbida de que "Independiente" está mellor
que nos anos pasados. O feito de ter de presidente a un sindicalista
mafioso é unha garantía de éxito xa que un santo coma min só pode
botar man dos rezos e das plegarias. Hoxe o mellor é ter moitos
pesos para que Bebote reparta cos rapaces da activa "barra brava"
que grita cada gol con fonda paixón.
-
Carloncho:
Bueno,
Santi, me dejás más que sorprendido con tus conocimientos sobre el
fútbol argentino. Pensaba que los santos no tenían tiempo libre
para informarse sobre deportes al tener que estar siempre a la orden
de Nuestro Señor Jesucristo. Es cierto que quería pedirte algo pero
es para la familia. Te agradecería me echés una mano con la salud
para Rocío, Ana, Eugenia, Emiliano, Lisandro, Ampi y Lautaro. No te
pido nada para mi porque soy un hijo de gallegos que vive feliz en la
capital argentina. Mi única preocupación es que los míos se salven
de cualquier ataque de los virus podridos que andan sueltos por el
mundo. Al ser de sangre gaita estoy inmunizado. No me afectan las
boludeces envidiosas de los que andan siempre quejándose porque no
les toca la lotería.
-
Santi: Vexo
que non sabes nadiña de Teoloxía. Os santos temos libre o domingo
para facer o que nos pete. Hai compañeiros que van camiñar polo
monte, por exemplo Cristovo. Outros aproveitan para achegarse pola
lareira familiar para gozar con aquelas pataquiñas da infancia. Eu
estou demasiado afastado da beira do Tiberíades; entón vou mollar
os pés no areal de Laxe. Na beira do mar adoito facer uns minutos de
ximnasia mental para limpar a miña cabeciña dos malos pensamentos
que tiven durante a semana. Non penses que ser un santo é doado. Tes
que reprimirte diante dos fieles que piden sen freo. Ninguén dá e
así a nosa relixión non ten futuro.
-
Carloncho: Siempre
pensé que ser santo era un laburo bárbaro. Todos los creyentes
alrededor tuyo en reverencia. Te rodean de flores y te honran con
miles de misas el día de tu cumpleaños. Tenés millones de hinchas
repartidos por el mundo que confían en que tus virtudes los ilumine
en el buen camino. Hasta los gobernantes se inclinan para invocar tu
protección. Me parece que te quejás sin razón ninguna. Perdonáme,
Santi, a lo mejor me equivoco pero vos no gastás un mango. Quiero
decir que no te afecta la fluctuación del euro o que los rusos
corten la canilla del gas que viene para Europa. En la catedral sos
el capo al que nadie le discute su poder divino. En serio, no
entiendo que tengas malos pensamientos.
-
Santi: Hai
uns séculos era un bo choio ser santo. Agora vaise complicando pola
competencia e as novas tecnoloxías. Hai unha chea de novos
predicadores sen base espiritual que nos están quitando seareiros.
Contan un conto chamado "Deus é amor" e a cestiña das esmolas,
énchese de cartos. Coas novas tecnoloxías axiña os santos imos ter
que tramitar unha pensión xubilatoria. O noso esforzo evanxelizador
a súa xa escasa actual efectividade. Se premes no móbil ou no
ordenador terás diante dos ollos ao teu "Personal Trainer" que
se encargará da xestión dos teus pecados. O tratamento indicado é
atender as doses de insuperables ofertas de permufes, cursos de ioga,
cremas tonificadoras e bronceados da pel. Entenderás, meu amigo, que
estea canso de tanta tontería e me retire.
-
Carloncho: ¡La
pucha, Santi! ¡Vos no te podés ir! Es impensable una Galicia sin el
Apóstol. Ahora que estabas aclimatado a la humedad volvés para
convertirte en un emigrante retornado. En Israel no te quieren. Te
aseguro que los sionistas no te dan el pasaporte. No te olvidés que
abandonaste la fe de los hebreos. Por favor, pensálo bien antes de
abandonar el rincón verde de Rosalía de Castro. No es buen cambio
el dejar los ríos y fuentes gallegas por la seca arena de Galilea.
Si te vas me dejás tirado. ¡No puedo volver más acá! Si
finalmente decidís borrarte te pido que firmés el decreto celestial
correspondiente para elevar a los altares al leonés Buenaventura
como San Durruti. Me voy que me está esperando mi esposa. Te
agradezco tu cordialidad. Ya sabés que en la porteña calle Moreno
tenés un bulín a tu entera disposición por si cruzás el
Atlántico. ¡Dale!
MANUEL
SUÁREZ SUÁREZ