red.diariocritico.com
Dona Diáspora en Melo.

Dona Diáspora en Melo.

Por Manuel Suárez Suárez
lunes 07 de abril de 2014, 15:43h
Hai tempo que a nosa vella emigrante quere achegarse pola capital do departamento uruguaio
de Cerro Largo para cumprir co convite da súa boa amiga Xoana Fernández Morales. Na casa
que foi de don Vicente latexan os aires sentimentais de Vilanova de Lourenzá.


? DIÁSPORA: Tes que perdoar miña querida Xoana por non poder vir antes a coñecer
o lugar onde descubriches que no outro lado do mar, en Galicia, houbo unha
muller excepcional que espertou en ti a paixón polas palabras que expresan a
ledicia de almorzar cada mañá cun "cántaro fresco" na man. Ando sempre
ensarillada co meu choio de Valedora Honoraria da Emigración Galega e sen
tempo para compartir experiencias coas persoas que coma ti levo no meu
corazón.


? XOANA: No te preocupés. Vos venís por acá cuando podés pero estás conmigo en
espíritu aunque tus pasos te lleven a seguir la huella de mi padre en el molino
lucense de mi querido padre. No entiendo que sigas laburando tan fuerte ahora
que con las nuevas tecnologías se recortaron significativamente las distancias. Mi
consejo es que laburés a ritmo de tango y dejés la muiñeira para situaciones
excepcionales como cuando se acerca el 17 de mayo.


? DIÁSPORA: Non penses que traballo moito, o que pasa é que o meu rendemento é
escaso despois dun século de viaxes polo mundo adiante. Sigo ilusionada en
axudar a fortalecer o sentimento de pertenza ao noso verde paraíso atlántico
pero a humidade vaime entalando os ósos. Quixera bailar un tango ou candombear
polas rúas do Barrio Sur pero os xeonllos están tesos. Non me queixo pero non vou
parar ata que todos os emigrantes teñan a súa tarxeta de membros emocionais de
pleno dereito da patria de Rosalía de Castro.


? XOANA: Te felicito. Sos una gayega bárbara que me recuerda a mi padre cuando
me hablaba de su tierra de Vilanova de Lourenzá. Tenés empuje. En mi caso fui
una mujer blanda o si querés simplemente una ama de casa medio boluda que
nunca decidió nada sobre asuntos domésticos. Lo triste es darse cuenta después
cuando ya no tiene remedio. El milico no era mal tipo pero era un tronco, es decir
que no se movía un milímetro del guión. Su formación castrense no le permitía
conectar con la palabra o el diálogo. Lo suyo era dar y recibir órdenes. ¿Me
entendés?


? DIÁSPORA: Agradezo que abras a caixa dos recordos íntimos. Poida que atopes un
pouco de conforto se botas fóra antigas doenzas. Coido tes certa semellanza coa
túa admirada Rosalía xa que ela tamén fracasou no seu matrimonio. Ti es unha
figura da literatura universal e referente para xeracións de autores uruguaios que
repetían os teus versos. Os nenos na escola aprenderon a ser respetuosos coa
natureza lendo as páxinas de "Chico Carlo" e quixeron falar coas figueiras como ti
facías. Sempre estiveches no máis alto do pedestal aínda que o teu marido fose
un pouco túzaro.


 ? XOANA: Yo lo veo diferente, en serio, como si hubiese dos Juanas o mejor dicho:
una Juana y una Xoana. Mi padre me llamaba Xoaniña y me gustaba mucho. Es
evidente que la lengua gallega es más dulce que la castellana al prescindir de los
sonidos guturales. No hablo de doble personalidad, no, hablo de dos mujeres
diferentes. Una de ellas corre libre por los montes que rodean Vilanova de
Lourenzá. La otra está atada en el hogar ---una continuación del cuartel---
preside el varón protector. Está claro que quien escribió poemas fue la gayega
molinera mientras la china criolla se encargaba de poner la comida en la mesa.


? DIÁSPORA: Penso que ten máis mérito o que fixeches sabendo que non contabas
co apoio do teu home. Supoño que cando teu pai recitaba de memoria algún
poema de Rosalía comentaría tamén detalles da cantora do Sar. Admirabas aquela
gran muller que puido chegar ata o máis alto cumio lírico a pesar dos freos que a
vida lle puxo diante. A túa figueira [Porque es áspera y fea, porque todas sus
ramas son grises, yo le tengo piedad a la higuera] é irmá da rosaliana figueiriña
que prantei. No teu poema "Raíz salvaje" ---me ha quedado clavada en los ojos la
visión de ese carro de trigo que cruzó rechinante y pesado sembrando de espigas
el recto camino--- estás lembrando a honrosa herdanza de filla do muiñeiro
Vicente Fernández.


? XOANA: Fueron los poemas de Rosalía los que me llevaron a ingresar en el mundo
de la poesía. Escuchando a mi padre viajaba por el río Sar y paseaba por Santiago
de Compostela. Siento mucho no haber sido más decidida para acercarme a
charlar un rato con la higuera de Padrón. Era una muchacha soñadora pero poco
práctica. Quizás fui demasiado sumisa al control de un esposo excesivamente
celoso. Creo que el poeta argentino Carlos Penelas que también tiene sangre
gallega me define correctamente en los versos de Melódico de su gran libro
"Valses poéticos": Soy puro sentir. Un alma arrobada en el fervor. Invisible por la
luz.


? DIÁSPORA: Volvo desculparme por quitar temas que poden entristecerte. Non é a
miña intención. O certó é que en Galicia tiñas moitos amigos e recibías constantes
invitacións para coñecer o lugar de nacemento do teu pai. Eras moi prezada. Hoxe
todos os estudantes de Vilanova de Lourenzá coñecen os teus libros que poden ler
na biblioteca municipal "Vicente y Juana Fernández". Tiveches tamén o apoio do
mestre don Paco del Riego que foi quen máis escribiu sobre a túa obra creativa.
Se houbeses visitado Galicia, pódoche asegurar que volverías ao Uruguai cunha
nova actitude sobre a vida en parella. O teu home andaría dereitiño e sen abrir a
boca porque agora "la gayego se avivó".


? XOANA: No sabés lo que me arrepentí de no llevar a mi hijo a conocer la tierra
del abuelo paterno. ¿Te das cuenta lo que son las vueltas de la vida Diáspora?
Escribí un poema anunciando que iba a viajar y me perdí el aroma único de los
castaños del monte de los Fernández. Donde estamos ahora, debajo de la parra,
compartía con mi padre la ilusión de ir a la huerta a recoger unos porotos. Los
mimaba para que se pareciesen a las "fabas" de su tierra y les hablaba en gallego
cuando las iba a regar. Mi padre trajo semilla de su pueblo pero decía que en
Melo la tierra es demasiado seca. Al final quedé como una hija desagradecida que
se olvidó del cariño de un culto emigrante que se enamoró del campo abierto de
Cerro Largo.


 ? DIÁSPORA: Non penses que es unha desagradecida porque non é certo. Ti formas
parte da historia literaria galega e somos nós os que estamos agradecidos porque
sen usar a nosa lingua fuches capaz de escribir desde o corazón dunha filla que
atopou o seu manancial lírico nunha terra de xente xenerosa. Pola túa recoñecida
riqueza espiritual tes reservado unha cadeira de honra no altar máxico que se
ergue no Monte Pindo para aqueles dos nosos descendentes que escolleron ser
parte activa dos prados máis fermosos do mundo. Eu sei que te arrepintes do
seudónimo escollido para asinar os teus textos. Naqueles tempos non sabías nada
da nación vasca nin da súa singular lingua propia e descoñecías a trapallada que
fixeron os familiares do teu home cun típico apelido euskaldún. Nunca utilizo o
teu nome artístico. Para min es Xoana de Vilanova ou Xoana de Lourenzá segundo
lea unha obra en verso ou en prosa. Sabes que podes contar comigo para o que
sexa. Somos dúas viaxeiras que van collidas da man na procura de espazos de
liberdade polo mundo adiante.


Manuel Suárez Suárez
¿Te ha parecido interesante esta noticia?    Si (0)    No(0)

+
0 comentarios
ventana.flyLoaderQueue = ventana.flyLoaderQueue || [] ventana.flyLoaderQueue.push(()=>{ flyLoader.ejecutar([ { // Zona flotante aguas afuera ID de zona: 4536, contenedor: document.getElementById('fly_106846_4536') } ]) })