Manuel Suárez Suárez | Martes 10 de junio de 2014
Hai
máis dun século que dona Diáspora quere achegarse polo norte do Paraguai. Quere
matear con devagar debaixo do fermoso ibirapitá que protexe a don Xosé Artigas
aló nas beiras do río Curuguatí. Non é doado atopar un ser humano que fuxa dos
honores para acabar os seus días lonxe do país no que puxo a pedra fundacional.
- Dona Diáspora: Ten vostede que perdoarme, don Xosé. Non
puiden vir antes. O tempo foi pasando e eu sempre enleada na defensa dos
dereitos dos emigrantes galegos. Agora teño algo máis de lecer porque as novas
tecnoloxías permiten que atenda as queixas sen ter que viaxar polo mundo
adiante. Estou aquí para facerlle presente o meu máis sincero agradecemento polo
seu labor de pastor de la Patria Oriental. Un heroe nacional que se retira do
escenario político para cultivar a terra é
merecente das maiores louvanzas.
- Don Xosé: Bueno, mi querida señora, el agradecido soy yo
porque puedo aprender de sus grandes conocimientos sobre el bien y el mal en el
mundo actual. Mi tiempo ya pasó pero creo se siguen repitiendo muchos de los
errores del pasado. Usted que anda por el mundo me podrá comentar sobre el
egoísmo y la envidia y la falta de honor a la palabra dada. En mi ciclo vital
de casi 87 años le puedo confesar que no fui un santo pero nunca dije una
mentira y nunca falté a un compromiso adquirido. Mis maestros franciscanos del
convento montevideano de San Bernardino me educaron en el respeto a las
personas sin distinguir entre pobres y ricos.
- Dona Diáspora: Se lle falo na lingua propia de Galicia é
porque sei que vostede coñece moi ben a lingua portuguesa. Estou sorprendida
coas súas manifestacións sobre relixión. A miña imaxe era a dun loitador
cimarrón, membro do clan gaucho de garridos centauros que só confían no seu
facón. O pouco que lín sobre vostede non recolle ningunha páxina sobre o seu
sentimento relixioso e case o presentan coma se fose un ignorante iletrado. O
novo Papa de Roma é porteño. Así que agora manda na igrexa un veciño seu que
coido descoñece que don Xosé Artigas pode ser canonizado por ser un fiel
seguidor da doutrina de San Francisco de Asís. Non se ría, por favor. Estou
falando de que aos seus méritos de heroe libertador hai que sumarlle a bondade
e a piedade cos máis desfavorecidos. O fundador da nobre orde franciscana
aprobará, moi compracido, que vostede estea en todos os altares católicos da
República Oriental do Uruguai.
- Don Xosé: Sobre el hablar portugués le tengo que decir que
tengo una facilidad natural para los idiomas. Me acuerdo de cuando mi mentor,
el buenazo de Farruco, me contó en su pulpería del Durazno que realmente el
acutal portugués existe porque Portugal se independizó ya que de no ser así,
hoy millones de personas hablarían el gallego que escribió el rey Alfonso en
Toledo. Si nos pasamos al tema religioso, siendo sincero, me hace usted reír
porque a mi siempre me calificaron como un mal cristiano por querer formar un
pago independiente en la orilla oriental. Le agradezco sus alabanzas
--inmerecidas--- que me ratifican en mi opinión de que los gallegos son gente
extraordinaria. Usted sabe que se lo digo con conocimiento de causa. Mis
aparceros gallegos fueron solidarios compañeros en momentos en los que sentí
aflojar mis fuerzas. Nunca me dejaron en la estacada. En el caso concreto de
Barreiro y de Monterroso me ayudaron a consolidar mi pensamiento y a ponerlo
por escrito con las palabras adecuadas.
- Dona Diáspora: Entendo que lle pareza unha fantasía miña a
de que vostede sexa San Artigas del Uruguay pero estamos vivindo un proceso de
pequenos cambios que poida abran as mentes de millóns de cidadáns. Se desde o
Vaticano difunden as súas sabias palabras de que "Los más infelices serán los
más privilegiados" haberá moitos católicos que apoiarán ter un novo santo
nacido en Montevideo. Non estou esaxerando. Hai un caso aínda máis atípico e
curioso como o de que Mujica chegase a ser presidente. Eu non entendo nada de
política uruguaia. Dixéronme que os "blancolorados" estiveron repartindo o
caldo en dous platos ata que un terceiro, sempre marxinado, foi sentar na mesa
presidencial en representación dunha maioría de votantes. Ser santo sería tamén
unha boa forma de pegarlle unha forte labazada aos traidores que o deixaron
abandonado nesta afastada poboación paraguaia de San Isidro de Curuguatí.
- Don Xosé: Veo que usted conoce mi historia pero en serio
le digo que un fracasado como yo --olvidado acá en el Paraguay desde el cruce
del río el 5 de setiembre de 1820--- no puede subir a ningún altar. No soy
digno. Aunque perdoné todas las ofensas sigo sin entender lo que les pasó por
la cabeza a mis tenientes Rivera y Lavalleja para no querer que volviese a la
patria después de julio de 1830. Llevo años preguntándole a mi querido compañero
Joaquín: ¿Cómo fueron capaces de jurar una Constitución sin mi presencia en la
plaza Matriz? Si bien no les guardo rencor --fueron débiles y se dejaron llevar
por el egoísmo--- tampoco soy Jesucristo que ponía la otra mejilla. Me
despreciaron durante 30 años. Le estoy agradecido a José Gaspar Rodríguez de
Francia que me acogió mediante un decreto en el que escribió: "Albergarlo es un honor para la República y
un acto de humanidad". Todo lo que pasó después del 23 de setiembre de 1850 fue
una enorme hipocresía instaurada por unos gobernantes disfrazados de
artiguistas. Mi corazón sonríe y los ojos se me llenan de lágrimas cuando
escucho en el patio de las escuelas a las voces del futuro que interpretan con
sentimiento el poema que me dedicó el gran olimareño Ruben Lena.
- Dona Diáspora: Certamente que na vida de case todos nós
hai sombras ou mesmo zonas escuras. En vostede don Xosé todo é luz. Non hai
nada agachado. Agora e neste afastado lugar, vostede é a lámpada ética que
alumea nos corazóns dos nenos que o escoitan abraiados porque é quen de
falarlles na súa propia lingua, o doce idioma guaraní. No seu Montevideo é
emocionante escoitar que os escolares pronuncian o seu nome con orgullo. Eu
penso que se nunca quixo volver foi para non interferir nas cativas loitas de
intereses entre os seus tenentes. Aínda que non eran malos rapaces, hai que
recoñecer que estragaron o seu legado. Poida que seu carácter non lle deixase
ter a boca calada diante das escasas reflexións dos sucesores. Non o vexo
caladiño diante da inxustiza de comprobar que as novas autoridades gobernaban
só para os ricos hacendados. Os gauchos patriotas quedaron na miseria e fóra da
lei se non traballaban de balde para os estancieros. Non son quen para opinar
pero quizais escolleu a opción mellor para a súa saúde. Unha dieta cotiá de
mate cunhas folliñas de "stevia"
fortalece moito o corpo para cabalgar no "Morito" ata a igrexa parroquial.
- Don Xosé: Nunca me paré mucho a darle vueltas a lo que
pasó. Tomé una decisión. Un grupito se alegró de no tenerme en Montevideo. Otro
grupo numeroso de buenos paisanos se desilusionaron al considerar que que los
había abandonado. En 1820 decidí dejar
el campo libre para que mis jóvenes compañeros de fatigas tomasen las riendas
de la patria. Ahora no puedo quejarme porque agua pasada no mueve molinos. Nos
quedamos con una gran estancia a la que llaman República pero creo que para ser
independientes no necesitaban de actuar con cobardía. Todos los domingos le
pido perdón a Nuestro Señor Jesucristo por el criminal fusilamiento de unas
familias de altivos charrúas que no eran ninguna amenaza. Un país que nace
manchado de sangre inocente no lo considero propio. Me indigna que los asesinos
gubernamentales se llenen la boca diciendo que son artiguistas. Así que
estimada amiga Diáspora, no reniego de mi opción por el exilio. Si hubiese sido
de otra manera tendría que pasar el mal trago de andar con el rebenque en
contra de los usurpadores de una tierra que había que simplemente había que
cultivar para evitar el triunfo mezquino de la avaricia del interés particular.
- Dona Diáspora: Pois ben, meu xeneral, teño que marchar.
Estóulle fondamente agradecida pola súa cortesía. Quero saiba que penso volver
para seguir aprendendo dun gran heroe que me honra coa súa amistade. Voume de présa xa que teño un compromiso en
Montevideo co profesor Zubillaga Barrera. O meu vello amigo é bo artiguista e serio promotor da cultura de
Galicia no Río da Prata. Recibirá unha
merecida distinción polos seus rigorosos estudos que poñen en valor a rica
achega duns emigrantes que apousaron na beira riopratense. Espero volver para o
vindeiro 19 de xuño e así celebrar o seu aniversario na compaña de Joaquín. Sei
que vostede non necesita nada pero irei ata Aragón para recoller unha manchea
da terra que traballou o avó paterno na Puebla de Albortón. Será o meu humilde
presente para que vostede poida sentir nos dedos os latexos dun emigrante que
deixou boa semente en América. Adeus e ata outra!
MANUEL
SUÁREZ SUÁREZ
TEMAS RELACIONADOS: